Termos e condicións | Aena Club | Aena

TERMOS E CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN DE AENA CLUB

Aena Club é un programa de fidelización de Aena, cuxo obxectivo principal é premiar a fidelidade dos usuarios que utilizan con frecuencia os servizos ofertados por Aena nos aeroportos (aparcamento, servizos VIP, comercios, etc.).

Identificación

O programa de fidelización Aena Club pertence a AENA S.M.E., S.A. (en adiante, “Aena”), titular da rede de aeroportos españois. Aena ten personalidade xurídica propia e diferenciada da do Estado, plena capacidade xurídica e de actuar para cumprir coas súas finalidades, así como patrimonio propio. Aena está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, Tomo 28.806, Folio 211, Sección 8, Folla M-51864.

  • Datos de Aena
  • Enderezo: Peonías, 12, 28042 Madrid
  • C.I.F: A86212420
  • Teléfono de contacto: (+34) 91 321 10 00

1. Obxecto

O presente documento establece os Termos e Condicións de Contratación que regulan a prestación dos servizos de Aena Club e ofrece aos seus membros, a través da Plataforma, o acceso a unha serie de beneficios e vantaxes por pertencer ao Club.

Para aproveitar os descontos e promocións que ofrece Aena Club, deberás rexistrarte como membro do Club, para o cal tes que seguir os pasos indicados nas canles habilitadas desta plataforma para tal efecto. Rexistrarse como membro implica a aceptación expresa dos Termos e Condicións de Contratación presentes e ten a mesma validez que a firma expresa dun contrato como membro do Club. Para ser membro de Aena Club debes ser maior de idade e ter capacidade suficiente para adquirir as obrigas derivadas das túas actuacións na Plataforma. Igualmente, é necesario ler previamente e comprender o contido do presente documento.

2. Información previa

Os presentes Termos e Condicións de Contratación están á súa disposición na web de Aena Club de maneira libre e gratuíta e reservámonos o dereito de modificalos, polo que é recomendable que, cada vez que utilices os nosos servizos como membro do Club, acceder ao documento para ler o seu contido antes de aceptalos.

Todos os beneficios permanentes e descontos ou promocións puntuais que che ofrecemos como membro de Aena Club están perfectamente descritos na Plataforma e están á túa disposición. Non están incluídos aqueles servizos que non estean expresamente sinalados na mesma.

A mera navegación na web ou app non implica a aceptación dos presentes Termos e Condicións. O presente contrato formalízase co teu consentimento ao marcar o cadro de aceptación dos Termos e Condicións de Aena Club, xusto antes de finalizar os pasos determinados pola plataforma para rexistrarse como membro de Aena Club.

Introduciranse os medios técnicos axeitados e suficientes para identificar e corrixir os posibles erros técnicos que detectemos na xestión da información.

Poderás tramitar o procedemento de contratación no idioma que prefiras dos que hai dispoñibles na plataforma e o presente idioma formalizarase no idioma elixido.

3. Funcionamento do Servizo de Aena Club

O funcionamento de Aena Club baséase en ofrecer ao colectivo de usuarios que se rexistren como membros do Club, unha ampla variedade de vantaxes das que se poidan beneficiar:

Beneficios permanentes nos seguintes servizos ofrecidos directamente por Aena:

  • Servizo de aparcamento:

    Estacionamento do teu vehículo no aparcamento dos aeroportos

    Pagamento do servizo de aparcamento co móbil

    Activación do servizo de aparcamento de pagamento por matrícula

  • Servizos VIP:

    Acceso ás Salas VIP

    Accesos de Fast Track/Fast Lane

  • MarketPlace:

    Foodtofly

    Shoptofly

  • Tarxeta bancaria de Fidelización ENJOY AENA, en dúas modalidades:
    • Tarxeta ENJOY AENA
    • Tarxeta ENJOY PREMIUM

    Os beneficios adicionais que che ofrece Aena coa adquisición da Tarxeta ENJOY activaranse tras realizar as tres primeiras compras. Consúltaos aquí

    Os beneficios adicionais dos accesos aos Servizos Vip que ofrece a Tarxeta acumúlanse na modalidade de subscrición. Ademais, como abonado gozarás das mellores vantaxes aplicables aos descontos nos Servizos de Aena (Aparcamento e Servizos Vip). Estes descontos da tarxeta ENJOY non son acumulables aos da túa subscrición.

    Coa baixa da túa tarxeta aplicaranse os beneficios vinculados á modalidade previa á activación da tarxeta e desactivaranse os Beneficios adicionais asociados á Tarxeta ENJOY AENA.

  • E outros beneficios que se mostran na web de Aena Club

Descontos ou promocións puntuais en tendas e restaurantes dos aeroportos, alugamento de coche, etc. Incluídos descontos adicionais a outros beneficios por ser membro do club. Ademais de todas as vantaxes e promocións exclusivas que ofrezan as empresas colaboradoras de Aena aos membros de Aena Club.

O usuario que desexe rexistrarse como socio de Aena Club en cada unha das súas modalidades, debe coñecer e aceptar as presentes Condicións Xerais. O servizo ofrecido presenta diferentes modalidades:

  • Modalidade Gratuíta (Plan Básico), mediante rexistro onde o usuario ten acceso permanente a uns beneficios e vantaxes.
  • Modalidade de Subscrición (Plan PLUS ou Plan VIP): onde o usuario previamente rexistrado en modalidade gratuíta pode acceder, previo pago, a unha serie de beneficios exclusivos para subscritores. O usuario está obrigado a satisfacer o prezo establecido para esta modalidade, incluídos impostos aplicables, se for o caso. Todo isto de acordo coas tarifas vixentes en cada momento. O pagamento para acceder aos beneficios exclusivos nesta modalidade poderase realizar con tarxeta de crédito.

3.1. Procedemento de Contratación

Para poder ser membro de Aena Club deberás ser unha persoa física e rexistrarte como socio despois de encher o formulario de alta de membro do Aena Club e aceptar de forma expresa os presentes termos e condicións.

Como membro de Aena Club terás dereito aos beneficios e ás vantaxes que che ofrece o club en calquera dos nosos servizos (aparcadoiro, servizos VIP, Marketplace de Aena: Food to Fly, Shop to Fly, Aena Travel, etc.), sempre que te identifiques como socio mediante os mecanismos de identificación facilitados por Aena.

Unha vez rexistrado como socio (plan Básico), poderás contratar o servizo de subscrición de pagamento segundo a modalidade que elixas (plan PLUS ou plan VIP), accedendo así a todos os beneficios exclusivos que che ofrece cada plan. Para iso, deberás adquirir o plan de subscrición de pagamento que elixas onde che pediremos os datos bancarios imprescindibles para que poidas realizar o pagamento da subscrición. Unha vez realizado o pagamento, e nun prazo máximo de 24 horas, recibirás no enderezo de correo electrónico que nos indicases, a confirmación de Aena Club da contratación realizada, e o acceso á plataforma con todos os beneficios citados iniciarase de forma automática. A partir dese momento, poderás gozar de todas as vantaxes, podendo automaticamente renovar a subscrición de forma trimestral a través de calquera das distintas modalidades ofrecidas.

Aena reserva o dereito a modificar as modalidades de subscricións, comunicándoo aos socios subscritos cunha antelación de 15 días. O usuario poderá cancelar ou modificar a súa subscrición accedendo ao seu perfil de usuario.

Aena exclúe toda responsabilidade en relación coa confidencialidade e seguridade da información e dos datos proporcionados polo socio con ocasión do pagamento da subscrición, na medida que o tratamento da información e dos datos non se encontre exclusivamente baixo o control de Aena.

3.2 Responsabilidade por ser membro de Aena Club.

Como membro de Aena Club, declaras que es maior de 18 anos e dispós da capacidade legal necesaria para aceptar os presentes Termos e Condicións. Como Socio, garantes a autenticidade e veracidade de todos os datos que nos comunicaches ao cubrir o formulario de rexistro e, se for o caso, de subscrición. Igualmente, comprométeste e responsabilízaste de manter toda a información achegada de maneira que responda, en cada momento, á súa situación real. Como membro do Club, tes a posibilidade de modificar os teus datos na túa área de rexistro de socio.

Como consecuencia do rexistro, comprométeste a utilizar con dilixencia e manter en secreto o contrasinal e/ou número de socio para acceder a todas as vantaxes e beneficios que che ofrece o Club. Consecuentemente, es responsable da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal achegados por Aena. Ademais, comprométeste a non ceder o seu uso a terceiros, quer temporal quer permanentemente, nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Será responsabilidade de cada socio o uso ilícito dos servizos e produtos que ofrece o Club por calquera terceiro ilexítimo que empregue para tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda desta polo socio.

Como socio do Club poderás cambiar o teu contrasinal cando o consideres oportuno.

3.3. Obrigacións das partes

Como socio ou membro do Aena Club, tes as seguintes obrigacións:

  1. Respectar os Termos e as Condicións Xerais do servizo de Aena Club contidas neste contrato.
  2. Identificarte como socio ou membro do Club cun documento acreditativo, no caso de a túa identificación persoal ser necesaria.
  3. Notificar decontado a Aena o furto, roubo ou extravío das claves, contrasinais ou número de socio facilitados.
  4. Notificar decontado a Aena a modificación do correo electrónico. Para isto escribirá ao correo clubcliente@aena.es

Aena está obrigada a:

  1. Anular as claves, contrasinais ou tarxetas, baixo solicitude do titular e previa notificación por furto, roubo e/ou extravío, e repoñela consonte os procedementos establecidos.
  2. Manter confidencialmente os datos persoais achegados como socio na subscrición do servizo. Atender o socio perante calquera incidencia, suxestión ou queixa a través do teléfono de atención ao cliente (+34) 91 321 10 00 ou no correo electrónico: clubcliente@aena.es.

4. Programas de fidelización de clubs

Para mellorar o servizo como socio e membro de Aena Club, poderá solicitar a vinculación con outros clubs. Como socio poderá vincular ou desvincular a súa pertenza ao Club.

5. Condicións dos servizos asociados a Aena Club

Se xa es membro de Aena Club, poderás acceder a outros portais de Aena coa túa conta de Aena Club, sen necesidade dun novo rexistro.

Poderás ver cando queiras na propia web de Aena os beneficios permanentes e os descontos ou promocións puntuais, así como en cada unha das web do servizo asociado.

Se nos das o teu consentimento, terás a opción de seguir recibindo información de todas as promocións e descontos exclusivos de Aena Club, en función da modalidade que escolleses.

5.1 Vantaxes dos servizos asociados ao Club

Durante o período de subscrición, Aena Club ofrece aos seus membros os seguintes beneficios dos seguintes servizos asociados ao Club:

5.1.1 Beneficios permanentes nos servizos propios de Aena:

Aparcadoiro dos aeroportos: descontos e promocións nas estancias asociadas á matrícula do vehículo incluída no teu perfil. Cando utilices o servizo de aparcadoiro, almacenarase o número de matrícula para poder establecer o intervalo de tempo que utilizaches os servizos de aparcadoiro e poder facturalos. No caso de ter contratado unha subscrición, cando haxa tres matrículas incluídas no teu perfil, só poderás modificar unha delas (un total de catro matrículas no período contratado). Ademais, para que se apliquen os descontos de aparcadoiro, a estancia completa ten que quedar cuberta polo período da subscrición contratada.

Servizos VIP: descontos e promocións en accesos ás salas VIP, Fast Track e Fast Lane sempre que estean activos os devanditos servizos e a capacidade o permita. No caso de ter contratada unha subscrición, os accesos incluídos nesta só os poderá realizar o titular desta e pode que se requira a súa identificación como membro. Os accesos para acompañantes adquiridos durante o período de subscrición deberán usarse no período de subscrición e xunto ao titular desta.

En caso de non cumprir coas anteriores condicións, Aena poderá revogar os devanditos beneficios ou darte de baixa como membro do club.

5.1.2 Descontos ou promocións puntuais en tendas e restaurantes dos aeroportos, alugueiro de coches, etc. Incluídos descontos adicionais a outros beneficios por ser membros do club terceiras empresas coas que Aena colabora.

Dependerá dos acordos puntuais asinados entre Aena e os comercios localizados nos aeroportos. Estas promocións comunicaranse na web e app de Aena Club e poderás recibir por correo electrónico as ofertas vixentes en cada momento, sempre que nos deas o teu consentimento.

5.1.3 Servizo de Pagamento por Móbil Poderás pagar desde o teu móbil, naqueles aeroportos onde estea dispoñible, a estancia nos nosos aparcamentos. Este servizo é exclusivo para membros do club.

5.1.4 O servizo de Pagamento por Matrícula consiste na lectura e identificación da matrícula do vehículo á entrada e saída do aparcamento, polo que non será necesario emitir un tícket para entrar e saír. Ao acceder ao aparcamento, o lector recoñecerá a súa matrícula rexistrada, que estará asociada ao usuario co servizo de Pagamento por Matrícula activado. Deste xeito a barreira abrirase automaticamente e poderá entrar para aparcar o seu vehículo. Este servizo só é apto para vehículos, polo que as motocicletas quedan excluídas de utilizar o sistema de Pagamento por Matrícula a causa do difícil que resulta ler estas matrículas.

O servizo de Pagamento por Matrícula poderase dar de alta desde o perfil de usuario na web de Aena Club e/ou na app oficial de Aena, desde as que tamén poderá xestionar os seus datos. A dispoñibilidade deste servizo irase actualizando en cada momento en ditas canles. Actualmente, o servizo está dispoñible en Alacant-Elx, Barcelona-El Prat Josep Tarradellas, Bilbo, Adolfo Suárez Madrid Barajas e València.

Para utilizar o sistema de Pagamento por Matrícula será necesario introducir datos sobre o vehículo e a forma de pagamento no perfil de cada usuario. Deberase introducir como mínimo unha matrícula asociada a unha tarxeta e, como máximo, poderanse introducir tres matrículas. Poderá asociar unha mesma tarxeta para diferentes matrículas, pero non será posible utilizar diferentes tarxetas para a mesma matrícula. Na modalidade de subscrición só se poderá modificar unha sola matrícula das tres introducidas dentro do período de subscrición.

Por outra banda, no caso de que un mesmo vehículo sexa utilizado por diferentes usuarios, todo o proceso de estancia no aparcamento, incluído o pagamento, asociarase ao perfil que deu de alta o servizo de Pagamento por Matrícula para ese vehículo, é dicir, a matrícula só se poderá asociar a un único usuario.

Será necesario dar de alta o servizo de Pagamento por Matrícula previo acceso ao aparcamento. Con todo, non será válida a activación deste servizo unha vez o vehículo entre no aparcamento.

Á saída do aparcamento, o usuario non deberá de realizar ningunha xestión adicional, xa que a barreira identificará o vehículo asociado ao Pagamento por Matrícula e permitiralle abandonar o aparcamento sen necesidade de tícket. Nese momento cobraráselle o importe á tarxeta elixida correspondente á súa estancia.

5.1.5 MarketPlace é un servizo que ofrece Aena a través das súas Plataformas Aena Travel, Foodtofly e Shoptofly, no que poderás reservar e mercar os produtos que se venden nos aeroportos, tanto nos comercios de restauración como nas tendas. Como membro de Aena Club, podes acceder ás plataformas sen necesidade de rexistrarte de novo e beneficiarte dos descontos e promocións que haxa en cada momento.

6. Duración como socio de Aena Club

Poderás ser membro de Aena Club na modalidade gratuíta (Plan Básico) de maneira ilimitada ata cancelar a túa conta como socio do club.

As subscricións de pago (Plan PLUS ou Plan VIP) ás que tes opción por ser socio do club teñen unha duración trimestral, desde a data na que Aena Club che comunica que tes dereito de acceso aos beneficios exclusivos e ata as 00:00 horas (hora peninsular) do mesmo día do seguinte terceiro mes. No entanto, a subscrición renovarase automaticamente por un novo período trimestral, agás cando o usuario activar no seu perfil de Aena Club a opción de non renovación da subscrición con, polo menos, un día de antelación á data de expiración de cada período trimestral, en cuxo caso a data de efecto da baixa será o primeiro día do mes seguinte.

Unha vez finalizado o período de subscrición de pago sen renovación, pasarase ao Plan Básico.

Para cancelar a túa subscrición, poderás exercer o teu dereito de desestimación no prazo de catorce (14) días desde a renovación da subscrición, sempre que non fosen utilizados os beneficios da modalidade contratada, a través da ligazón habilitada para tal efecto na área persoal da túa conta.

7. Baixa como socio de Aena Club

Como membro do club, podes cancelar a túa conta de socio en calquera momento ou darte de baixa na subscrición de pago desde o teu perfil no portal web de Aena Club no apartado “A miña conta”.

A cancelación da túa conta de socio e a baixa da subscrición dará pé á perda de todos os dereitos relativos ao seu uso e beneficios como membro do club.

Aena resérvase o dereito de cancelar automaticamente a conta como membro do club a calquera socio, así como dar de baixa a súa subscrición de pago no caso de detectarse actos fraudulentos, especulativos ou de mala fe por parte do socio ou do uso da súa conta.

No caso de incumprimento de calquera das obrigas ou condicións recollidas na lexislación vixente ou nas condicións xerais do presente documento, Aena poderá cancelar a conta e subscrición do socio responsable.

Unha vez a baixa como membro de Aena Club sexa efectiva, todas as funcionalidades deixarán de estar dispoñibles. Aínda así, en calquera momento poderás solicitar rexistrarte de novo como socio, mais lembra que xa non poderás acceder aos datos das reservas que realizases anteriormente.

8. Restrición do servizo de Aena Club

Aena resérvase o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, o acceso como socio de Aena Club, no caso de vulneración dos presentes Termos e Condicións e da lexislación vixente.

Queda a salvo a facultade de Aena de non admitir un novo rexistro dun socio nos casos nos que se contraveña o disposto nos presentes Termos e Condicións e/ou na Política de Privacidade da plataforma, así como en calquera norma de conduta adicional que Aena puidese aprobar. Así mesmo, Aena poderá non admitir dito rexistro no caso de conflito ou controversia pendente de resolución ou que finalizase con recoñecemento de culpa ou neglixencia do usuario e/ou prexuízo de Aena aos seus colaboradores e asociados, ou aos seus usuarios, clientes ou clientes potenciais.

9. Uso da plataforma

Ao acceder á plataforma de Aena Club, serás responsable de realizar un bo uso e navegación e de utilizar os servizos que se ofrecen na mesma con fins lexítimos e lícitos. A modo enunciativo, mais non limitativo, queda prohibido:

  • (i) Utilizar a plataforma ou os servizos con fins ilícitos;
  • (ii) Utilizar a plataforma coa finalidade de provocar danos, ineficiencias, interrupción ou defectos análogos na funcionalidade da plataforma ou de estruturas electrónicas de Aena Club ou calquera terceiro;
  • (iii) Utilizar a plataforma para a transmisión de malware, virus ou programas análogos ou para publicar ou difundir contidos de carácter ofensivo, racista, denigrante ou pornográfico que puidesen provocar malestar nas persoas;
  • (iv) Utilizar a plataforma en contra dos intereses de Aena;
  • (v) Rexistrarse na plataforma cunha identidade falsa;
  • (vi) Utilizar a plataforma con fins publicitarios, tales como o envío de spam ou outras maneiras semellantes;
  • (vii) Quebrantar as medidas de seguridade establecidas por Aena;
  • (viii) Desempeñar actuacións coa finalidade de saturar o programa, impedindo así o bo funcionamento da plataforma; e en calquera caso.
  • (ix) Utilizar a plataforma de maneira ilegal.

No caso de encontrarnos con algún dos supostos enumerados no apartado anterior, Aena, como titular de Aena Club, resérvase o dereito de adoptar as medidas oportunas.

10. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Aena, como titular da marca e da plataforma de Aena Club, concede ao usuario a licencia limitada, non transferible, revogable, non sublicenciable e non exclusiva para o acceso e uso da plataforma no dispositivo persoal do usuario. Calquera dereito que se outorgo expresamente estará reservado por parte de Aena como titular de Aena Club.

O usuario ou calquera terceiro non poderá realizar as seguintes accións:

  • (i) reproducir, modificar, preparar obras derivadas, distribuír, licenciar ou explotar da forma que for a plataforma ou os servizos cando non estea expresamente permitido por Aena;
  • (ii) descompilar ou realizar enxeñería inversa sobre a plataforma;
  • (iii) ligar, reflectir ou enmarcar calquera parte dos servizos;
  • (iv) despregar ou lanzar calquera tipo de programa para realizar actuacións relacionadas coa prospección de datos ou accións destinadas a danar a operatividade e funcións da plataforma; ou
  • (v) retirar, modificar ou calquera actuación análoga destinada a alterar os dereitos de autor de Aena sobre a súa marca rexistrada, a súa plataforma ou os seus servizos.

Sexa como for, os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a plataforma seguirán sendo propiedade de Aena. Nin o uso da plataforma nin o rexistro como membro de Aena Club, nin o uso dalgunha das súas subscricións supoñen a transferencia ou outorgamento de ningún dereito:

  • (i) con relación aos servizos e produtos que se promocionan, ou
  • (ii) a utilizar ou mencionar de calquera forma os nomes de empresa, logotipos, nomes de produto e servizo, marcas comerciais ou outros elementos de natureza semellante, agás naqueles supostos nos que Aena o conceda expresamente.

11. Aboamento da subscrición

Para acceder a calquera das modalidades de subscrición (Plan PLUS ou Plan VIP) deberás pagar a cantidade da modalidade elixida, incluídos impostos aplicables, se for o caso, todo isto segundo as tarifas vixentes en cada momento.

O pagamento realízase a través da tarxeta de crédito que indicase no momento da compra e a subscrición será efectiva cando Aena Club che comunique ao correo electrónico que nos indicases que tes dereito de acceso aos beneficios exclusivos da modalidade que contratases. No caso de a transacción non se realizar, esta quedará suspendida e serás informado do acontecido. Pola súa parte, a subscrición quedará anulada.

As subscricións de pago de Aena Club teñen unha duración trimestral, desde que se che comunica o dereito de acceso aos beneficios exclusivos. E renóvanse automaticamente por un novo período trimestral, previo pago do prezo sinalado en cada modalidade, agás cando o usuario comunique a Aena Club a súa vontade de darse de baixa da subscrición. Esta comunicación ha de facerse polo menos cun día de antelación á data de expiración de cada período trimestral, en cuxo caso a data de efecto da baixa será o primeiro día do mes seguinte á recepción de dita comunicación.

12. Contratación electrónica

De acordo co establecido no artigo 23 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, sobre servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, os contratos celebrados por vía electrónica producirán todos os efectos recollidos polo ordenamento xurídico, cando concorran o consentimento e os demais requisitos necesarios para a súa validez.

Sexa como for, o soporte electrónico no que consten as presentes Condicións de Contratacións concluídas por vía electrónica será admisible como proba documental no caso de controversia entre as partes.

Para tal efecto, entenderase que o pagamento da correspondente subscrición, así como das consecutivas renovacións trimestrais, implican necesariamente prestar o consentimento requirido para a contratación da mesma.

Igualmente, e de acordo co disposto no artigo 27 da Lei 34/2002, sobre servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, ponse a disposición dos usuarios, antes de iniciar o procedemento de contratación, toda a información relativa á mesma, que só será aplicable no caso de o usuario decidir proceder á contratación a través da plataforma.

13. Atención ao cliente

Poñemos á túa disposición un servizo de atención ao cliente onde atendemos todas as consultas, queixas e suxestións con relación á contratación a través da plataforma dos servizos de Aena Club.

A vía de contacto posta á disposición dos usuarios é: clubcliente@aena.es así como o número de teléfono que aparece na área de contacto, distinto para cada aeroporto, desde onde te responderemos o antes posible.

14. Responsabilidades

As partes comprométense a cumprir coas súas obrigas legais e contractuais incluídas nas presentes Condicións de Contratación.

As partes responderán das infraccións nas que incorresen persoalmente e asegurarán a indemnidade da outra parte perante calquera erro, culpa ou neglixencia non imputable a esta e a todo prexuízo derivado de ditas infraccións ou erros non imputables á outra parte contratante.

Aena, como titular da marca e da plataforma de Aena Club, configúrase como un fornecedor de servizos da sociedade da información, coas respectivas limitacións de responsabilidade que iso implica.

Aena resérvase o dereito de esixir as correspondentes responsabilidades pola utilización indebida da plataforma ou polo incumprimento das normas recollidas nas presentes condicións xerais.

Serás o único responsable no caso de alguén utilizar a plataforma de maneira defectuosa, parcial ou errónea, no teu nome ou pola súa conta, utilizando a túa clave de acceso ou mesmo o código de seguridade fornecido por Aena para realizar o servizo reservado como membro do club. Aena resérvase o dereito de anular as claves de acceso dos usuarios que fagan un mal uso, nos termos recollidos neste condicionado.

Aena non se responsabiliza da interrupción, inaccesibilidade ou fallo de calquera outra índole que puidese sufrir a operativa do sistema, como consecuencia dos que se poidan producir en calquera servizo de telecomunicacións ou outros accesorios alleos a esta entidade e precisos para o seu funcionamento.

15. Confidencialidade e Protección de Datos

De acordo co establecido na Lei Xeral de Protección de Datos e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, sobre Protección de Datos persoais e garantía de dereitos dixitais, todos os datos persoais facilitados durante o uso da plataforma serán tratados de acordo co establecido na Política de Privacidade de Aena Club, que todo usuario debe aceptar expresamente para poder utilizar e rexistrarse no sistema como membro do club.

16. Modificacións dos presentes Termos e Condicións

Aena resérvase o dereito a modificar as condicións e advertencias aplicables ás presentes Condicións Xerais. Aena poderá modificar as presentes condicións, comunicándollo aos socios, requisito que as partes acordan expresamente que se entende cumprido coa publicación das variacións a través do sitio web de Aena www.aena.es ou a través de Aena Club Cliente ou calquera outro punto de comunicación de Aena.

Se o socio non concordase, cancelarase a súa subscrición, consonte o disposto no apartado de cancelación de socio.

Considerarase que aceptas expresamente ditas modificacións ou actualizacións se realizas unha nova reserva a través da plataforma. Se son aceptadas, a modificación e entrada en vigor do novo contrato substituirá plenamente as anteriores condicións e terán efecto nas novas reservas feitas a partir da data de aceptación das novas condicións.

17. Cláusula de Salvagarda

Todas as cláusulas ou extremos das presentes Condicións de Contratación deben de ser interpretadas de maneira independente e autónoma. O resto de estipulacións non se verán afectadas cando unha delas fose declarada nula por sentencia xudicial ou resolución arbitral firme. Substituirase a cláusula ou cláusulas afectadas por outra ou outras que preserven os efectos perseguidos polas Condicións de Contratación da plataforma.

18. Dereito aplicábel e xurisdición competente

A aceptación das presentes Condicións Xerais implica o coñecemento e conformidade das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos a este sitio se rexerán exclusivamente polo Dereito español, polo que os Xulgados e Tribunais españois son os únicos competentes.