Preguntas frecuentes | Aena Club | Aena

Preguntas frecuentes

Xeral

É un club de fidelización gratuíto cuxo obxectivo consiste en premiar a fidelidade dos nosos pasaxeiros frecuentes que utilizan os aparcamentos e instalacións comerciais dos aeroportos españois. Abonda con rexistrarse para acceder a todas as vantaxes dispoñibles para os membros Aena Club en aparcamento, salas VIP, tendas, restaurantes e outros servizos do aeroporto

As persoas que pertencen a Aena Club dispoñen dun usuario e un contrasinal co que poden iniciar sesión nos portais de Aena asociados a Aena Club que ofrezan esta posibilidade (Aena Travel, Food to Fly, Shop to Fly, Aena Parking, Servizos VIP, etc.). Podes aproveitar os seus beneficios e descontos ao facer as compras dos servizos desde a web ou a app, iniciando sesión previamente. En función da túa membresía (Básico, PLUS ou VIP), ademais dos descontos, proporciónanse beneficios para usar servizos Fast Lane/Fast Track e salas VIP:

  • 10 accesos a Fast Lane/Fast Track para membros de Aena Club Plus
  • 10 accesos a Fast Lane/Fast Track +10 accesos a Salas VIP para membros de Aena Club VIP

Aena Club é válido para todos os aeroportos de España

Podes consultar a información sobre o uso dos teus datos persoais na propia web do servizo, no apartado de política de privacidade, ao que se accede desde a ligazón que se encontra na parte inferior da páxina web.

Club AENA: rexistro e modificacións

Aena Club é un club de fidelización totalmente gratuíto na súa modalidade básica. Podes obter vantaxes e descontos adicionais se contratas algún dos plans de pagamento dispoñibles.

Para realizares o rexistro desde a web:

  1. Preme na ligazón “ASÓCIATE”. Tamén é posible darse de alta desde a app de Aena, no portal de conexión ao servizo gratuíto de Wi-Fi no aeroporto, en calquera dos portais de Aena Market ou no portal de reservas do aparcamento.
  2. Cubre o formulario cos diferentes campos solicitados e indica un correo válido para realizares o rexistro.
  3. Unha vez cubertos todos os campos, recibirás un correo electrónico de confirmación (agás no caso de inscricións feitas a través da Web de Reservas), para activar a túa conta nun máximo de 24 horas. Se non recibes este correo, por favor, contacta connosco.

Actualmente non existen tarxetas físicas nin dixitais, aínda que existe un QR que podes consultar no teu perfil. Para identificarte como usuario de Aena Club e beneficiarte dos diferentes servizos e descontos, abonda con iniciar sesión como membro na web ou app de Aena ao contratar os diferentes servizos, ou ben coa matrícula do teu coche ao acceder ao aparcamento.

Por favor, revisa a túa bandexa de entrada, a caixa de correo non desexado e os cartafoles de “Promocións” ou semellantes, para comprobar se recibiches un correo de activación da conta. Se despois duns minutos aínda non recibes o correo, por favor, contacta de novo connosco e indícanos o correo electrónico que empregaches durante o rexistro. No caso de indicar un correo electrónico erróneo, deberás rexistrarte de novo.

Deberás rexistrarte de novo. O sistema invalidará automaticamente o rexistro realizado co correo electrónico erróneo.

O sistema non permite realizar esta modificación, xa que o correo electrónico considérase un dato único asociado á conta de cada usuario.
Se precisas utilizar un novo correo electrónico terás que xestionar a apertura dunha nova conta a través do botón “Rexistrarse”, localizado na cabeceira da páxina do club https://clubcliente.aena.es/AenaClub/gl/.
 Neste caso, recomendámosche que antes deas de baixa a conta que non se vai a utilizar a través da sección de “A miña conta”, sempre que non existan pagos pendentes.

Para restaurar o teu contrasinal, deberás de acceder á web de Aena Club e premer en Esqueciches o teu contrasinal?, indicando o teu correo electrónico e seguindo os pasos que recibirás no email.

Aena Club xa ten rexistrado este correo, polo que é posible que este sexa igual ao doutro usuario previamente rexistrado ou que xa te deses de alta anteriormente aquí ou nalgún portal de Aena Market. Se non lembras o contrasinal, deberás restablecelo na ligazón “Esqueciches o teu contrasinal?”, dispoñible na páxina de “Iniciar sesión”.

As credenciais de acceso a Aena Club son compartidas por outros servizos como Aena Travel, Food to Fly, aparcamento, salas VIP, etc., polo que darse de baixa en Aena Club implica tamén a baixa nestes outros servizos asociados. Para darse de baixa de Aena Club é necesario acceder á sección “A miña conta” e premer a ligazón “DARME DE BAIXA”.

Aparcamento

Como membro de Aena Club, podes beneficiarte dos diferentes descontos de Parking, tanto en accesos con reserva previa, como sen reserva.

Para coñeceres con máis detalle os descontos actuais en Aparcamento, preme no menú superior en Servizos ou preme descontos Aparcamento Aena Club.

Para facer unha reserva nos aparcamentos da rede de Aena non é necesario estar rexistrado en Aena Club. Podes acceder directamente á páxina de Aena Aparcamento e seleccionar o aeroporto de saída e datas de preferencia. Aínda así, recomendamos que te rexistres en Aena Club para que poidas gozar de todos os descontos que ofrecemos.

Aparcamento

Como membro de Aena Club, podes beneficiarte dos diferentes descontos de Parking, tanto en accesos con reserva previa, como sen reserva.

Para coñeceres con máis detalle os descontos actuais en Aparcamento, preme no menú superior en Servizos ou preme descontos Aparcamento Aena Club.

Para facer unha reserva nos aparcamentos da rede de Aena non é necesario estar rexistrado en Aena Club. Podes acceder directamente á páxina de Aena Aparcamento e seleccionar o aeroporto de saída e datas de preferencia. Aínda así, recomendamos que te rexistres en Aena Club para que poidas gozar de todos os descontos que ofrecemos.

Servizos VIP

Poderás adquirir o teu acceso ás Salas VIP a través da App, da web de Aena e no mostrador da sala, e acceder a estas sempre que dispoñas de tarxeta de embarque.

Como socio de Aena Club, poderás beneficiarte dos descontos unicamente se realizas a compra a través da App/Web de Aena, sempre que esteas rexistrado como membro do Club.

Non é posible acceder ás Salas VIP se non se dispón de tarxeta de embarque.

Será necesario comprar un acceso por persoa a través da Web/App de Aena.

Como socio de Aena Club, poderás beneficiarte unicamente se realizas a compra a través da App/Web de Aena, sempre que esteas rexistrado como membro do Club.

Calquera pasaxeiro pode contratar o servizo de Meet & Assist na Web ou App de Aena, cunha antelación de 72 horas.

Outros

A web Aena Club é compatible cos seguintes navegadores, comproba que estás a empregar un deles:

  • Google Chrome
  • Mozilla Firefox
  • Safari
  • Microsoft Edge
  • Internet Explorer 11

As cookies poden bloquearse desde as opcións de seguridade do navegador.

Non aceptar as cookies utilizadas polo portal pode afectar a operativa do portal e impedir realizar xestións como usuario rexistrado en Aena Club.

Para máis información o usuario pode acceder á seguinte ligazón e comprobar a política de cookies do portal.

Actualmente, o portal Aena Club só está dispoñible en galego, castelán, inglés, catalán, éuscaro e valenciano.

Se algunha das túas preguntas non a atopas aquí, por favor, escríbenos a clubcliente@aena.es para que podamos axudarche.