Política de Privacidade | Aena Club | Aena

Política de Privacidade

En Aena comprometémonos a garantir o uso dos datos persoais dos nosos clientes de maneira transparente e segura, polo que procedemos a informar da presente política de privacidade, de acordo co establecido na normativa vixente de Protección de Datos Persoais e, en particular, no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1. Quen é o Responsable do Tratamento?

Aena S.M.E., S.A. (en adiante, Aena)

Enderezo: Peonías, 12. 28042, Madrid.

C.I.F: A86212420

Teléfono de contacto: (+34) 91 321 10 00

Rexistro Mercantil de Madrid, Tomo 28.806, Folio 211, Sección 8, Folla M-518648.

Delegado de Protección de Datos: dpd@aena.es

2. Que datos persoais podemos tratar?

Os datos persoais que Aena pode tratar proveñen directamente de vostede, ou ben son xerados como consecuencia da navegación e uso pola súa parte no sitio web ou a aplicación. En concreto, os datos que podemos tratar son:

  • Datos identificativos e de contacto (nome, apelidos, DNI, domicilio, correo electrónico, número de teléfono).
  • Datos sobre información económica e transaccional (datos sobre compras, reservas, pedidos, devolucións e medios de pagamento).
  • Información sobre os seus gustos e preferencias, en función da súa actividade de navegación e compras realizadas.
  • No caso de utilizar o servizo de Aparcamento e ser membro de Aena Club, almacenarase o número de matrícula do seu coche en Aena Club co fin de establecer o período de tempo que utilizou os servizos de aparcamento e poder facturalos.
  • No caso de que vostede habilitase os servizos de localización (opción de axuste do seu dispositivo), Aena recollerá a información sobre puntos de acceso wifi ou a información sobre a súa latitude e lonxitude, co fin de que esta información nos axude a amosar a súa localización para facilitarlle os nosos servizos.
  • Algunhas empresas que participan nos portais de Food to Fly, Aena Travel e Shop to Fly (en adiante “MarketPlaces de Aena”) infórmannos dos produtos e/ou servizos adquiridos por vostede e que se iniciasen dentro deste.
  • Os comentarios e valoracións que vostede publique sobre os produtos e servizos ofrecidos no portal do MarketPlace de Aena. Lembre que serán considerados públicos e non confidenciais, polo que calquera usuario que navegue polo portal terá acceso a dita información.

Informámoslle de que todos os datos que solicitemos ou poidamos solicitar son necesarios para as finalidades descritas na presente política de privacidade. Se non nos facilita estes datos non poderemos poñernos en contacto con vostede nin tampouco ofrecerlle unha resposta ás solicitudes que nos presente. É por iso que nos reservamos a potestade de non responder nin tramitar ningunha solicitude no caso de non nos facilitar os datos mencionados.

É importante garantir a veracidade dos datos persoais que nos proporcione e, periodicamente, poderemos pedirlle que os revise e actualice, para estes seren os máis exactos e veraces posibles.

3. Para que tratamos os seus datos? Con que lexitimación os tratamos?

Os posibles datos persoais que nos poida facilitar ou que se poidan recoller por medio das cookies na presente web ou aplicación serán tratados para as finalidades que sinalamos deseguido:

  • Como membro rexistrado en Aena Club (cliente completo):
    • Xestión como membro de Aena Club e da subscrición contratada. Tratamento baseado na relación contractual establecida mediante a aceptación dos Termos e Condicións do Club.
    • Envío aos membros de información sobre as últimas vantaxes dos servizos de Aena e de como acceder a elas. Para isto, Aena enviaralle comunicacións e información sobre Servizos VIP, Aparcamento e outros servizos propios da xestión aeroportuaria de Aena, sempre que vostede siga pertencendo ao Club e non se opuxese a recibilas.
      • Informámoslle de que o artigo 21.2 da LSSICE nos habilita para isto, sempre que lle ofrezamos a posibilidade de oporse a este tratamento mediante un procedemento sinxelo e gratuíto. Nese sentido, Aena pon á súa disposición un método de fácil acceso para oporse a estas comunicacións. Para facelo ten que marcar o cadro correspondente no momento do rexistro, en cada comunicación que lle enviemos ou a través das canles habilitadas para facelo que constan nesta política. Informámoslle de que, no caso de oporse a este tratamento, é posible que as funcionalidades do servizo se vexan reducidas, xa que non o poderemos informar das vantaxes que ten á súa disposición como membro do Club.
      • Aena Club é un servizo que Aena ofrece ao colectivo de usuarios rexistrados como membros do club, cuxa finalidade principal e inherente é informar sobre descontos, promocións, ofertas, novidades e vantaxes en determinados servizos ou prestacións de Aena ás que vostede poderá acceder por ser membro do club, así como enviar información precisa e actualizada sobre estes e relacionada coa súa condición de socio. No entanto, a solicitude de baixa de ditas comunicacións implicará que non lle poderemos informar dos descontos, promocións, ofertas, novidades e vantaxes aplicables en cada momento para cada servizo ofrecido a través do Club. Así pois, se non desexa recibir estas comunicacións con información sobre estes beneficios, poderá solicitar a baixa das comunicacións no momento que for a través das canles habilitadas para iso nesta política.
    • Envío de enquisas de calidade e satisfacción. Aena envía este tipo de enquisas sobre os servizos utilizados para coñecer o seu grao de satisfacción, con base no interese lexítimo de Aena por coñecer a opinión dos seus clientes e tela en conta para mellorar a calidade dos seus servizos.
      • Neste sentido, fixemos unha análise interna ponderando o seu dereito á protección de datos e o noso interese en realizar este tipo de enquisas a fin de mellorar a experiencia de usuario e o propio servizo. A conclusión é que existe unha expectativa razoable pola súa parte sobre este tratamento, no que non se tratan datos especialmente protexidos nin están implicadas decisións automatizadas.
      • Pode opoñerse ou solicitar información adicional sobre este tratamento a través das canles habilitadas para o efecto nesta política, ou enviando un correo a dpd@aena.es.
    • Envío doutras comunicacións comerciais electrónicas. Ditas comunicacións electrónicas son enviadas por Aena -sen cesión dos seus datos a terceiros-, como promocións e cupóns de desconto das tendas do aeroporto ou de terceiras empresas coas que Aena colabora, sobre os seguintes sectores: automoción e alugueiro de vehículos, lecer, axencias de viaxe, turismo, transporte, compañías aéreas, restauración, téxtil, moda, beleza e cosmética, financeiro e asegurador, prensa e revistas, xogo e apostas.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política.
    • Xestión do inicio de sesión e seguimento posterior dos produtos e/ou servizos que o socio do Club adquira nos portais web, app e no MarketPlace de Aena. No caso de vostede acceder aos nosos portais web, app e/ou MarketPlaces, os seus datos de membro de Aena Club serán tratados para permitir o inicio de sesión ao servizo, así como a xestión, tramitación e seguimento dos produtos e/ou servizos que adquira. Este tratamento ten por base a execución dun contrato ao aceptar os termos e condicións deste servizo.
    • Xestión do distintivo ambiental. Cando vostede, como membro de Aena Club, realizar unha reserva de Aparcamento, efectuarase unha consulta pública a través do Portal Estatístico da DGT para comprobar o distintivo ambiental asociado á matrícula do vehículo. Este tratamento realízase co fin de ofrecer beneficios ou descontos aos usuarios con vehículos menos contaminantes, con base no interese lexítimo de Aena por fomentar a protección do ambiente.
      • Neste sentido, fixemos unha análise interna ponderando o seu dereito á protección de datos e o noso interese en realizar esta consulta á DGT a fin de mellorar a experiencia de usuario. A conclusión é que existe unha expectativa razoable pola súa parte sobre este tratamento, no que non se tratan datos especialmente protexidos nin están implicadas decisións automatizadas.
      • Pode opoñerse ou solicitar información adicional sobre este tratamento a través das canles habilitadas para o efecto nesta política, ou enviando un correo a dpd@aena.es.
    • Creación de perfís ou segmentación de clientes. No suposto de o socio asociar o pagamento realizado por medio da nosa aplicación móbil á súa condición de membro do “Aena Club”, Aena tratará a información recollida para realizar un perfil comercial como socio de “Aena Club”, segmentar os clientes que pertencen ao Club, enviar ofertas comerciais personalizadas e mellorar a súa experiencia como usuario da nosa aplicación móbil.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política
      • Este tratamento pode implicar a elaboración de perfís e a adopción de decisións sobre o perfil xerado. Máis información no apartado “5. A que nos referimos coa elaboración de perfís e adopción de decisións sobre o perfil elaborado?” desta política.
    • Xestión do Pagamento por Matrícula. Trataranse os datos da matrícula do vehículo e os datos da tarxeta de crédito que o usuario facilitou no seu perfil de cliente de Aena Club para pagar a taxa do aparcamento. Dito tratamento ten por base a execución dun contrato ao aceptar os termos e condicións deste servizo. Para máis información, consultar os Termos e Condicións do Servizo de Pagamento por Matrícula.
    • Trataremos os seus datos para efectuar un proceso de Anonimización, con base no noso interese lexítimo. Desta maneira obtemos datos agregados e anónimos para posteriores usos estatísticos ou outros fins lexítimos empresariais.
      • Neste sentido realizamos unha análise interna, ponderando o seu dereito á protección de datos e o noso interese en realizar este tipo de procesos con fins estatísticos, e concluímos que existe unha expectativa razoable (eliminación de todos os datos que permitan a súa identificación mediante procesos de borrado, agregación ou substitución de ditos datos, por outros que non poidan ser asociados a unha persoa física) na que non se tratan datos especialmente protexidos nin implican decisións automatizadas.
      • Pode opoñerse ou solicitar información adicional sobre este tratamento a través das canles habilitadas para o efecto nesta política, ou enviando un correo a dpd@aena.es.
  • Ao realizar unha compra ou reserva nalgún dos nosos servizos: Reservas de aparcamento, Servizos VIP, MarketPlaces de Aena, a través dos nosos portais web ou a través da nosa app, tanto como membro de Aena Club (usuario completo) ou como convidado (rexistrando o seu correo electrónico).
    • Ao realizar o proceso de compra ou reserva, os datos facilitados por vostede serán tratados para xestionar, tramitar e dar seguimento aos produtos e/ou servizos que vostede merque ou reserve, a través do noso sitio web ou app, tratamento baseado na execución dun contrato ao aceptar os termos e condicións específicos de cada servizo dos anteriormente sinalados.
    • Envío de enquisas de calidade e satisfacción. Aena envía este tipo de enquisas sobre os servizos utilizados para coñecer o seu grao de satisfacción, con base no interese lexítimo de Aena por coñecer a opinión dos seus clientes e tela en conta para mellorar a calidade dos seus servizos.
      • Neste sentido, fixemos unha análise interna ponderando o seu dereito á protección de datos e o noso interese en realizar este tipo de enquisas a fin de mellorar a experiencia de usuario e o propio servizo. A conclusión é que existe unha expectativa razoable pola súa parte sobre este tratamento, no que non se tratan datos especialmente protexidos nin están implicadas decisións automatizadas.
      • Pode opoñerse ou solicitar información adicional sobre este tratamento a través das canles habilitadas para o efecto nesta política, ou enviando un correo a dpd@aena.es.
    • Trataremos os seus datos para efectuar un proceso de Anonimización, con base no noso interese lexítimo. Desta maneira obtemos datos agregados e anónimos para posteriores usos estatísticos ou outros fins lexítimos empresariais.
      • Neste sentido realizamos unha análise interna, ponderando o seu dereito á protección de datos e o noso interese en realizar este tipo de procesos con fins estatísticos, e concluímos que existe unha expectativa razoable (eliminación de todos os datos que permitan a súa identificación mediante procesos de borrado, agregación ou substitución de ditos datos, por outros que non poidan ser asociados a unha persoa física) na que non se tratan datos especialmente protexidos nin implican decisións automatizadas.
      • Pode opoñerse ou solicitar información adicional sobre este tratamento a través das canles habilitadas para o efecto nesta política, ou enviando un correo a dpd@aena.es.
    • Envío de información sobre os produtos ou servizos contratados. Para isto, Aena enviaralle comunicacións sobre o/os servizos que vostede nos contratase (Servizos VIP, Aparcamento e outros servizos propios da xestión aeroportuaria de Aena), como tamén información sobre estes, sempre que vostede non se opuxese a recibilas.
      • Informámoslle de que o artigo 21.2 da LSSICE nos habilita para isto, sempre que lle ofrezamos a posibilidade de oporse a este tratamento mediante un procedemento sinxelo e gratuíto. Nese sentido, Aena pon á súa disposición un método de fácil acceso para oporse a estas comunicacións. Para facelo ten que marcar o cadro correspondente no momento do rexistro, en cada comunicación que lle enviemos ou a través das canles habilitadas para facelo que constan nesta política.
    • Envío de comunicacións comerciais electrónicas para informarlle sobre outros produtos e/ou servizos propios da xestión aeroportuaria de Aena distintos aos xa contratados. Ditas comunicacións electrónicas son enviadas por Aena -sen cesión dos seus datos a terceiros- e tratan sobre produtos e servizos de Aena distintos aos que está contratando.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política.
    • Envío doutras comunicacións comerciais electrónicas. Ditas comunicacións electrónicas son enviadas por Aena -sen cesión dos seus datos a terceiros-, como promocións e cupóns de desconto das tendas do aeroporto ou de terceiras empresas coas que Aena colabora, sobre os seguintes sectores: automoción e alugueiro de vehículos, lecer, axencias de viaxe, turismo, transporte, compañías aéreas, restauración, téxtil, moda, beleza e cosmética, financeiro e asegurador, prensa e revistas, xogo e apostas.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política.
    • Creación de perfís ou segmentación de clientes. Aena tratará a información recollida para realizar un perfil comercial e/ou segmentar os clientes. Deste xeito poderá enviar ofertas comerciais personalizadas e mellorar a súa experiencia como usuario da nosa aplicación móbil.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política
      • Este tratamento pode implicar a elaboración de perfís e a adopción de decisións sobre o perfil xerado. Máis información no apartado “5. A que nos referimos coa elaboración de perfís e adopción de decisións sobre o perfil elaborado?” desta política
    • Para a prestación do servizo MarketPlace de Aena (FoodtoFly) a través da xeolocalización dos seus datos para localizalo no aeroporto e ofrecerlle os nosos servizos.
      • Este tratamento ten por base o seu consentimento, que poderá revogar no momento que for por medio das canles habilitadas para iso nesta política

Os datos persoais de menores de catorce (14) anos serán recollidos e tratados con base no permiso e consentimento outorgado polos seus pais, titores ou representantes legais mediante comunicación electrónica a ocpd@aena.es. Así, no caso de ser vostede menor de 14 anos, pregámoslle que non revele datos persoais sen a autorización dos seus pais, titores ou representantes legais. Ademais, facemos saber que Aena non será baixo ningunha circunstancia responsable das actuacións do menor de catorce (14) anos ou da persoa incapacitada. Aena poderá tratar os datos dos maiores de catorce (14) anos co seu consentimento, agás nos casos nos que a lei esixa a asistencia dos titulares da patria potestade ou tutela.

4. Con quen se comparten os seus datos?

No caso de solicitar un servizo para o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia, os seus datos serán comunicados a Aena Sociedade Concesionaria do Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia S.M.E., S.A., empresa filial de Aena que xestiona este aeroporto, para a prestación do servizo.

Esta comunicación efectúase por ser necesaria para a execución do contrato.

Os seus datos serán comunicados ao seu banco para efectuar o pagamento dos servizos contratados, así como, se for o caso, á súa empresa ou compañía, cando sexa dita entidade a contratante do servizo que vostede reciba.

Estas comunicacións efectúanse por seren necesarias para a execución do contrato subscrito

Poderanse comunicar os seus datos ás empresas do MarketPlace de Aena co fin de xestionar o servizo e/ou produto contratado por vostede.

Estas comunicacións realízanse por seren necesarias para a execución do contrato subscrito entre vostede e Aena ou entre vostede e ditas empresas

Igualmente, Aena poderá comunicar os seus datos a terceiras partes ás que estará obrigada a transmitir información, como autoridades públicas, para cumprir cos requirimentos de ditas autoridades e coa normativa aplicable, se for o caso.

Estas comunicacións efectúanse con base ao cumprimento de obrigas legais

Algunhas empresas que participan no MarketPlace infórmannos dos produtos e/ou servizos adquiridos por vostede, sempre que se inicien no MarketPlace.

Estas comunicacións realízanse con base na execución do contrato que vostede subscribe con dita empresa ao realizar a súa compra ou contratar un servizo con ela.

Non se prevén máis comunicacións nin transferencias internacionais de datos agás obriga legal.

5. A que nos referimos coa elaboración de perfís e adopción de decisións sobre o perfil elaborado?

Cando Aena estea lexitimada para enviarlle comunicacións comerciais segundo os seus gustos e intereses, utilizaremos o uso que faga da web e a contratación de produtos e/ou servizos pola súa parte para adecuar a publicidade segundo as súas preferencias. Aena tratará a información recollida para realizar un perfil comercial e/ou segmentar os clientes. Deste xeito poderá enviar ofertas comerciais personalizadas e mellorar a súa experiencia como usuario dos nosos servizos.

Igualmente, vostede ten dereito a non ser obxecto de decisións baseadas en tratamentos automatizados (incluída a elaboración de perfís), polo que poderá exercer este dereito no momento que for, seguindo para iso as indicacións do punto “7. Como pode exercitar os seus dereitos en materia de protección de datos?” desta política.

6. Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os seus datos serán conservados mentres manteña relación con Aena como membro de Aena Club, non retire o consentimento outorgado ou non exercite os seus dereitos. Igualmente, conservaranse durante os prazos legais correspondentes para atender posibles reclamacións e responsabilidades derivadas do tratamento.

Conservaranse os datos persoais ligados a tratamentos baseados no seu consentimento para cumprir coas finalidades correspondentes mentres non o revogue.

Ademais, sen prexuízo do anterior, os seus datos serán conservados debidamente bloqueados, namentres se poidan derivar responsabilidades da execución da nosa relación contractual ou precontractual e para cumprir con outras obrigas legais a cargo de Aena. A este respecto, Aena garante que non tratará os datos a menos que for necesario para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións, ou cando for requirido para facilitar os mesmos á Administración Pública, Xuíces e Tribunais durante o período de prescrición dos seus dereitos ou obrigas legais.

Este tratamento sobre esta conservación posterior dos datos ten por base o cumprimento de obrigas legais, concretamente a obriga recollida na normativa de protección de datos persoais.

7. Cales son os seus dereitos con respecto aos seus datos persoais?

Calquera interesado ten dereito a obter confirmación sobre a existencia, ou non, dun tratamento dos seus datos persoais. Igualmente, o Regulamento Xeral de Protección de Datos, establece como dereitos do interesado:

  • Acceder aos seus datos
  • Solicitar a rectificación ou supresión dos seus datos
  • Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos
  • Á portabilidade dos seus datos
  • Oporse ao tratamento dos seus datos
  • A non ser obxecto de decisións automatizadas (elaboración de perfís)

As súas peticións serán contestadas o antes posible e, sexa como for, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. Devandito prazo poderá ampliarse outros dous meses se fose necesario, consonte a complexidade e o número de solicitudes. Sexa como for, Aena informará ao interesado da prórroga dentro do primeiro mes desde a solicitude.

O interesado ten dereito a exercitar os seus dereitos recoñecidos, así como retirar os consentimentos outorgados en calquera momento, sen que isto afecte a súa xestión do servizo contratado, mediante os seguintes medios habilitados:

  • A través da ligazón de baixa incluída no pé da comunicación recibida.
  • Iniciando sesión no portal ou app e accedendo a “A miña conta”, para xestionar os consentimentos (no caso de o usuario estar rexistrado como membro de Aena Club), ou
  • A través do seguinte enderezo de correo electrónico ocpd@aena.es (indicando no asunto o dereito que desexa exercitar e, se for o caso, sobre que tratamento dos sinalados), dirixindo un escrito ao enderezo Calle Peonías, Nº 12, 28042-Madrid, así como a través del Portal de Servizos Telemáticos (https://serviciostelematicos.aena.es).

Para calquera dúbida, pode contactar co noso Delegado de Protección de Datos no correo electrónico: dpd@aena.es.

O interesado ten dereito a presentar reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) como autoridade de supervisión e control en materia de protección de datos no territorio español (www.aepd.es).

8. Modificación da presente Política de Privacidade

Aena reserva o dereito a modificar esta política de Privacidade. Aena poderá modificar as presentes condicións, comunicándollo aos socios, requisito que as partes acordan expresamente que se entende cumprido coa publicación das variacións a través do sitio web de Aena www.aena.es ou a través de Aena Club ou calquera outro punto de comunicación de Aena.